| SLG - Sindicato Labrego Galego |
| GMO | Local Agriculture / Food Autonomy | North-South Solidarity | Work | Farmers - Fisherfolk | Environment Spain |
Created on:26 August, 2003 - 06:07 Last modified:25 September, 2003 - 08:33 |
O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha hacia unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario. No IV Congreso do ano 1994, definense os eixos básicos para conseguir este modelo agrario:
a.- Distribución solidária da produción e dos fondos públicos.
b.- Mantemento dos máximos postos de traballo na agricultura, poñendo freno ao actual proceso de desaparición da explotación agrária familiar.
c.- Remuneración do traballo de produción agrário. Remuneración que deberá vir directamente do prezo percibido polos productos e que deberán reflexar os costes económicos, ecolóxicos e sociais da produción. Os prezos garantirán rendas mínimas para vivir con dignidade do traballo de produción e estarán ligados a volumes de produción. A hora de valorar o traballo, teránse en conta as dificultades obxetivas das zonas desfavorecidas e de montaña. O exceso de produción terá o prezo que marque o mercado mundial e a maiores pagará unha taxa de resorpción.
d.- Dar prioridade á política de calidade. Para esto é preciso establecer medidas para limitar a produción industrializada e intensiva e desenvolver unha agricultura ligada á terra. Promover a diversidade territorial dos produtos reforzandoa con programas de identificación e etiquetaxe controlados.
e.- Proteción do medio natural na produción agrária. Para esto hai que establecer unha política agrária que: - deixe de primar o productivismo e que valore a conservación do medio como un coste obligado. Esta valoración debe incluirse na remuneración do produto. - Que manteña a diversidade xenética das especies animais e vexetais, para o cal é imprecindíbel poñer freno á política das agroindustrias no seu intento de patentar o uso das mesmas.
f.- Poboación agrária e vida rural. Para manter un medio rural vivo, é necesário potenciar, no marco dun desenvolvemento rural que teña como eixo fundamental a produción agro-gandeira, actividades socieconómicas diversas, a mellora das infraestructuras así como a dotación de máis servicios sociais.
g.- A descentralización do poder sobre a política agrária. Bruxelas e Madrid deben establecer unha PAC que sexa o suficientemente flexíbel para aceptar e potenciar a singularidade e diversidade da nosa agricultura.
h.- Estatuto do labrego e da labrega, que estableza os deberes e garanta dereitos xurídicos e sociais tales como:
- Dereito a producir
- Dereito a vivir do noso traballo
- Dereito a un futuro garantido
- Equiparación dos dereitos sociais
- Deber de preservar o medio natural.
- Dereito e deber de ocupar un espacio...
Nets: CPE Via Campesina web: www.slg-ccll.org/ Addresse: Telephone:981-580449 |

